Festa da Castaña
Castana

Celébrase tradicionalmente no Concello de Folgoso do Courel a segunda fin de semana do mes de novembro: alternativamente en Folgoso (anos pares) e en Seoane (anos impares).

A primeira edición tivo lugar o día 9 de novembro de 1986 en Folgoso. Toda a xente da comarca se reúne para gozar das castañas asadas, que son gratuítas ó igual que o viño, a cambio de comprar unha xarra de barro gravada como colaboración e por un prezo simbólico. Dende as 10 da mañá ata a noite, realízanse diversos actos: misa, varias actuacións da Banda de Gaitas do Courel, exposicións de artesanía rural, degustación de castañas, comida baseada en produtos derivados da castaña e verbena, etc.

Xunta