Folgoso do Courel

PROXECTO RECUPERACIÓN DE SOUTOS

NOVAS 22 de Septiembre de 2018 a las 12:22
PROXECTO RECUPERACIÓN DE SOUTOS

 A Xunta está levando a cabo no municipio un proxecto para a recuperación de soutos tradicionais de castaña. En concreto, esta iniciativa que se leva a cabo dende Medio Rural beneficia 80 hectáreas de terreo propiedade de ata un cento de particulares. A través dun investimento de 430.000 euros a consellería permitirá facer produtivos estes terreos nos que hai unhas 9.500 árbores. Este proxecto ten coma obxectivo a posta en valor de dous soutos nos lugares de Folgoso e Moreda, mediante a súa limpeza e recuperación para a produción sostible. A actuación, que comezou coa identificación de árbores e propietarios, está xa na súa segunda fase que pasa pola mellora dos viarios de acceso e o rozado das terras. Está previsto que no 2019 entre na súa última etapa coa poda das árbores e a mellora sanitaria das mesmas. Estas actuacións foron presentadas polos técnicos aos veciños da zona que puideron coñecer os pasos que se van seguir neste proceso. 

https://youtu.be/jECNS5SWqSQ