Folgoso do Courel

II FESTA DA CANTARELA 13 DE XULLO EN PADERNE

NOVAS 13 de Junio de 2019 a las 14:04
II FESTA DA CANTARELA 13 DE XULLO EN PADERNE

A “II festa da cantarela”, que terá lugar o día 13 de xullo en Paderne,  é un acto festivo de exaltación deste produto, do seu valor, calidade e posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional.

PROGRAMA:

- 10:30 h.: Ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. Saída dende o centro de Paderne (aira do Quintairo).
- 13:00-13:30 h.: Inauguración amenizada con música popular.
- 13:30 h. Degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas a precio económico, preparadas nas casas rurais do lugar e polo chef Héctor López do restaurante España de Lugo.
- 15:00—17:00 h. Tempo amenizado con música e xogos tradicionais.
- 17:00 h. Entrega de premios do concurso fotográfico: “As cantarelas e as paisaxes de montaña”. Sorteo de rifas e entrega de agasallos.
- 17:30 h. Charla divulgativa e elaboración en directo ao aire libre de distintos pratos con cantarelas, a cargo do chef Héctor López.
- 19:00: Clausura da Festa

Asociado a “Festa da cantarela”, organizase un concurso de fotografía sobre a temática: “As cantarelas e as paisaxes de montaña”. Outorgaranse 3 premios: 1º premio: 200 Euros e trofeo. 2º premio: 100 Euros e trofeo e 3º premio: trofeo.

Máis información da festa en http://www.usc.es/gl/servizos/eccourel/II-FESTA-DA-CANTARELA.html e do concurso fotográfico en http://www.usc.es/gl/servizos/eccourel/II-Concurso-fotografico-cantarelas.html