Folgoso do Courel

II BIOBLITZ ANCARES-COUREL 15 E 16 DE XUÑO

NOVAS 17 de Mayo de 2019 a las 12:17
II BIOBLITZ ANCARES-COUREL 15 E 16 DE XUÑO

O Concello de Folgoso do Courel e diversas asociacións e entidades colaboran na organización do II BIOBLITZ ANCARES-COUREL: Edición Courel, dos días 15 e 16 de xuño 2019 na Estación Científica do Courel en Seoane do Courel. 

O Bioblitz, organizado pola USC (Estación Científica do Courel) e as áreas de Turismo e Cultura  e de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada, na que participan tanto naturalistas profesionais como afeccionados, asesorados por expertos de campo. Un Bioblitz é unha excelente maneira de xerar datos útiles para a ciencia e a conservación involucrando á cidadanía para conectarse coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través dunha actividade amena e divertida.

O II Bioblitz Courel complementará a primeira edición de 2018, levando a cabo durante 24 horas un inventario biolóxico intensivo co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos deste territorio excepcional. 

Inscrición gratuíta no correo: proxecto.micoloxia@usc.es ou chamando ao teléfono 982823137. Data límite inscrición: ata o 12 de xuño inclusive (prazas limitadas). Máis información, folleto informativo e cartaz na web da Estación Cientifíca doCourel: https://www.usc.es/es/servizos/eccourel/II-BIOBLITZ-COUREL.html