Folgoso do Courel

FESTA DA CANTARELA 14 DE XULLO EN PADERNE

14 de Junio de 2018 a las 12:43
FESTA DA CANTARELA 14 DE XULLO EN PADERNE

O 14 de xullo do 2018 terá lugar en Paderne a Festa da Cantarela. As  cantarelas (Cantharellus  cibarius,  variedades e especies afíns), representan un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña. É ademais unha das especies máis representativas e frecuentes da biodiversidade fúnxica asociada os soutos de castiñeiros. A festa da  cantarela é un acto festivo de exaltación deste produto, do seu valor, calidade e posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional. Máis información do programa en https://www.usc.es/gl/servizos/eccourel/FESTA-DA-CANTARELA.html  e do concurso fotográfico en https://www.usc.es/gl/servizos/eccourel/CONCURSO-FOTOGRAFICO-.html