Folgoso do Courel

Baixada do Apalpador da Devesa de Rogueira 30 de Decembro

noticia 13 de Diciembre de 2017 a las 18:22
Baixada do Apalpador da Devesa de Rogueira 30 de Decembro

O día 30 de Decembro o Apalpador, que mora na Devesa da Rogueira, baixará para participar con grandes e pequenos de unha animada tarde no lugar de Moreda. Esperaremos o Apalpador á entrada da Devesa as 17:30 horas, onde repartirá castañas e recollerá inquedanzas e desexos para o novo ano. Logo todos xuntos disfrutaremos de un espectáculo de maxia "Andando a Terra" co mago David Méndez e unha merenda na Escola de Moreda. Os nenos e nenas que o desexen poderán deixar as suas cartas e debuxos para o Apalpador. Se algún neno do concello de Folgoso non dispon de medio de transporte a Moreda que se poñan en contacto ca Oficina de Turismo, 982 433134, ou co concello 982 433001.